Búsqueda avanzada

Funcionamento

Xustiza gratuíta, axudamos todos a que sexa posible

A Asistencia Xurídica Gratuíta é un servizo público que outorga a Constitución Española no seu artigo 119 a aqueles que acrediten carencia de recursos suficientes para litigar:

      «La justicia será gratuita cuando así lo disponga la ley y, en todo caso, respecto de quienes acrediten insuficiencia de recursos para litigar»

A pesares de que este dereito está xa plenamente recoñecido en numerosos países con pleno exercicio da condición de Estado de Dereito, aínda é necesario corrixir moito camiño para que os cidadáns que o necesiten saiban como funciona o mecanismo da Xustiza Gratuíta. Ante a falta de coñecemento popular sobre este dereito, o Colexio de Avogados de Vigo pon á súa disposición esta sección para informar de todos os trámites que hai que reunir para poder aspirar a un Letrado/a de Quenda de Oficio.

PETICIÓN DE XUSTIZA GRATUÍTA

O procedemento para recoñecer o dereito á Xustiza Gratuíta iniciarase a petición da persoa interesada mediante a presentación do impreso de solicitude.

Para saber máis sobre o seu funcionamento, consulte a páxina web do Ministerio de Xustiza. Tamén pode visitar a nosa sección 'Impreso e requisitos', onde damos máis detalles dos pasos necesarios para solicitar este tipo de protección xurídica que contempla a Carta Magna.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información