Búsqueda avanzada
 COMUNICACIÓN.- Beneficio de redución na cotización a Seguridade Social aos mutualistas alternativos que causan baixa na mutualidade e alta no RETA
04/11/2024
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
        O Colexio tivo coñecemento da resolución da TXSS sobre a tarifa plana RETA por inicio de actividade respecto da súa aplicación aos mutualistas alternativos, procedendo ao cambio de criterio e admitindo o beneficio de reducións na cotización á Seguridade Social aplicable por inicio dunha actividade por conta propia (tarifa plana) aos mutualistas alternativos respecto da nova tarifa plana aplicable a partir de 2023 e tamén da anterior tarifa plana.
 
         Prodúcese un cambio de criterio a raíz da existencia de varias sentenzas dos xulgados do contencioso administrativo, que ao contrario do criterio inicial que tiña a Tesourería Xeral da Seguridade Social, consideran que é de aplicación a tarifa plana no suposto no que un mutualista decide continuar coa súa actividade, dándose de baixa na mutualidade e de alta no RETA.
 
         Modificouse o criterio que tiña a Subdireción Xeral de Ordenación e Impugnaciones que viña mantendo que non resultaba aplicable o beneficio de cotización do artígo 28 ter da lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo porque entendía que non era o mesmo estar obrigado a causar alta no RETA por inicio dunha actividade que para continuar coa mesma actividade que viña exercéndose como mutualista.
 
         Antes interpretábase que non estabamos propiamente ante un inicio de actividade nos termos a que se refire o título do artígo 38 ter nin que respondía a unha iniciativa de emprendemento autónomo.
 
          A raíz de sentenzas como, por exemplo a número 31/24 do Xulgado contencioso administrativo nº 1 de Jaén, o procedemento abreviado 14/2024, de 5 de febreiro de 2024, a TXSS  procedeu a cambiar o criterio e admitir o beneficio de reducións na cotización á Seguridade Social aplicable por inicio dunha actividade por conta propia.
 
        O Colexio non dispón da nota interna orixinal.
 
        Un saúdo,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información