Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Servizo de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situacións de violencia, de acoso escolar e de ciberacoso, e formación para os avogados e avogadas da Quenda de Asistencia Vítimas 
25/10/2024
Prezada compañeira e prezado compañeiro:
 
O pasado mes de agosto asinouse un convenio entre o Consello da Avogacía Galega e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento de accións de atención profesional a persoas menores de idade vítimas de situación de violencia, de acoso escolar e de ciberacoso.
 
Obxecto do convenio: Accións dirixidas á atención xurídica ás persoas menores de idade vítimas de violencia e, nomeadamente, de acoso escolar e ciberacoso, así como á formación dos avogados e avogadas nese ámbito, de maneira tal que estas vítimas dispoñan sempre dun avogado especializado que as asista en relación coa denuncia e asesoramento xurídico e acompañamento iniciais, e con independencia de que teña ou non recursos para litigar.
 
Duración do convenio: O convenio produce efectos dende a súa sinatura ata o 31/12/2024, sen prexuizo de que poida suscribirse un novo convenio para o ano 2025.
 
¿Cando se presta a asistencia?: Esta atención letrada prestarase todos os días do ano e as 24 horas do día.
 
Quen presta a asistencia?: Será levada a cabo por avogados e avogadas que figuren na quenda de Asistencia ás vítimas de violencia de xénero, durante as súas gardas. Polo que é preciso que os letrados e letradas desta quenda asistan a xornada formativa, que terá lugar o vindeiro día 12 de novembro, ás 17.00 h., no Salón de Actos do Colexio, no Edificio Praza de América nº 2-1º, para cuxa inscrición deberás remitir un correo electrónico a colexio@icavigo.org. En breve, remitiráse o programa da xornada.
 
¿En qué consiste?: En prestar asistencia letrada, asesoramento xurídico e orientación gratuitos, así como acompañamento inicial na práctica das primeiras dilixencias ás persoas menores de idade vítimas de situación de violencia. Non cubre o procedemento penal que se inicie despois da denuncia.
 
Xustificación da asistencia: Deberá xustificarse de forma independente, xa que o aboamento da asistencia non se inclúe nas prestacións da asistencia xurídica gratuíta. Para este efecto, deberá presentarse cuberto o parte de asistencia específico, que se xunta.
 
Compensación económica: Compensarase con 180 € pola atención xurídica a cada vítima.
 
Para máis información podes contactar coa secretaría técnica.
 
Un saúdo,
                                                                                                                                A Decana,

Parte de asistencia a menores (descargar)
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información