Búsqueda avanzada
Publícase a nova instrución da DRGN pola que se obriga o emprego de plataformas telemáticas na concesión de préstamos hipotecarios
05/08/2019
Recentemente publicouse no BOE a Instrución do 31 de xullo de 2019, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre o uso das plataformas telemáticas para a preparación da acta de información previa e a escritura de préstamo hipotecario, en aplicación da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.

Coa publicación da devandita instrución as operacións de préstamo deben tramitarse obrigatoriamente empregando os medios telemáticos establecidos na normativa reguladora dos préstamos hipotecarios.

Consulta a Instrución do 31 de xullo de 2019.

Fonte: Iberley
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información