Búsqueda avanzada
O TC pronúnciase sobre o emprego dos medios electrónicos para realizar a notificación da primeira citación
23/05/2019
Achegamos a sentenza da Sala Segunda do Tribunal Constitucional n.º 47/2019 do 8 de abril de 2019 na que establece, en concordancia co artigo 56.1 da LJS e o 155 da LAC, que a primeira citación do demandando nun procedemento debe realizarse por medio de correo certificado con notificación de recepción ao domicilio designado polo demandante.

Posteriormente, unha vez que o demandado xa compareceu no procedemento, para o resto de notificacións deberanse empregar os sistemas electrónicos segundo establece o artigo 162.1 da LAC. Pola contra estaríase vulnerando o principio da tutela xudicial efectiva conforme ao 166 da LAC.

Consulta a STC n.º 47/2019 do 8 de abril de 2019.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información