Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Formación de Unión Profesional gratuíta e online (maio e xuño 2024)
18/04/2024
Prezado compañeiro, prezada compañeira:

          O CGAE infórmanos de que Unión Profesional firmou un convenio coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, polo que se desenvolveu conxuntamente unha oferta formativa, de carácter gratuíto, co obxectivo de dotar ao amplo espectro de profesionais das ferramentas necesarias para contribuir á prevención e erradicación da violencia contra as Mulleres e a Violencia Doméstica.
 
          Trátase dun catálogo de formacións online enfocado aos equipos profesionais especializados na materia, en entornos sanitarios, sociais e xurídicos, que tamén conta con dous cursos xerais en materia de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres, e en materia de prevención e erradicación do acoso,  discriminación e violencia no entorno laboral e profesional. Cada profesional pode optar polos curos que mellor se adapten a seus intereses e a seu perfil. No seguinte Dossier Informativo: PowerPoint Presentation (unionprofesional.com) suxírense tres posibles itinerarios.
 
          A formación é gratuita e online a partir de recursos didácticos de diferente formato (vídeos, podcast, textos..) e estarán dispoñible para a súa realización durante os meses de maio e xuño, na plataforma habilitada para esta función, previa inscrición  a través do seguinte enlace de inscrición: Nueva cuenta (prevencionvg.com)
 
          Para calquera dúbida relacionada con esta formación: info@prevencionvg.com
 
          Un cordial saúdo,
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información