Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Convocatoria para a participación en Proxectos Europeos de Formación, do CGAE
19/10/2021
Prezada compañeira:
 
         Infórmoche que o CGAE abre a convocatoria para recibir solicitudes de participación en dous proxectos europeos de formación:
 
  1. Cursos LIGHT sobre formación en prevención de blanqueo de capitais e financiación do terrorismo (PBC/FT). Estes cursos (un curso online e 4 seminarios presenciais), son gratuítos e están organizados no marco dun proxecto europeo. A súa finalidade é fortalecer o papel das profesións xurídicas no logro da eficacia da lexislación da UE nesta materia.
 
  1. Curso de formación sobre a Directiva da UE sobre acordos fiscais transfronteirizos (DAC 6). Este curso tratará de estudar a Directiva a través dun análise das súas implicacións para a avogacía e desde unha perspectiva do dereito europeo comparado.
 
           Poderás encontrar máis información sobre os cursos nas respectivas convocatorias que se xuntan.
 
           Un saúdo,
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información