Búsqueda avanzada
Circular 28/2021 Nota de urxencia sobre a nova obriga de informar á Axencia Tributaria
15/04/2021
Prezado compañeiro:

O 5 de xuño de 2018 publicouse no diario Oficial da Unión Europea a Directiva UE 2018/822, – coñecida como DAC6 – pola que se modifica á súa vez a Directiva 2011/16/UE no referente á obriga para determinados profesionais de subministrar información sobre operacións no ámbito da fiscalidade, nas que asesoren, participen, promovan ou comercialicen en relación cos mecanismos transfronteirizos.

Esta directiva establece unha nova obriga de informar con dúas finalidades fundamentais. Por unha parte, pretende obter información para facer fronte á elusión e á evasión fiscal; e, por outra, pretende provocar igualmente un efecto disuasorio na realización de mecanismos de planificación fiscal que poden conseguir ditos fins.
 
Dita directiva foi trasposta ao ordenamento español mediante a modificación da Ley 58/2003, de 17 de decembro, Ley General Tributaria, realizada a través da Ley 10/2020 de 29 de decembro, que incorpora dúas novas disposicións adicionais na Ley General Tributaria. Estas son a Disposición Adicional 23, que se refire á obrigación de información sobre mecanismos transfronteirizos de planificación fiscal; e a Disposición Adicional 14, que se refire ás obrigas entre particulares derivadas da obriga de información anteriormente descrita.
 
Esta obriga de información afecta directamente aos avogados e as avogadas, os cales son considerados, en determinados supostos, como intermediarios e polo tanto, obrigados ao deber de comunicar á Administración Tributaria, o que supón en moitos casos un grave atentado contra o secreto profesional.
 
Co fin de divulgar as obrigacións establecidas pola normativa referida anteriormente, a Subcomisión de Blanqueo de Capitales do CGAE aprobou a remisión de dúas notas informativas. Xúntase a primeira, na que explican cales son as novas obrigacións establecidas pola transposición da Disposición Adicional, e nos próximos días remitirase a segunda.
 
 
Un saúdo,
 
                                                                                                 A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información